Vives, Glòria

Vives, Glòria

Glòria Vives naceu en Barcelona no outono do 79. Chovía moito. Di que por iso gústalle tanto tombarse ao sol.

Debuxa desde que acorda, así que non podemos dicir con exactitude cando empezou. Pero igual foi un lapis o primeiro obxecto que logrou agarrar coas súas propias mans.

Tivo unha vida laboral máis ou menos estable ata que foi nai. Con todo o cambio que supón a maternidade, decidiu tirarse á piscina e apostar por vivir da súa paixón. Agora fai libros, é profesora de pintura e ilustradora por encargo ou por amor á arte. Di que funciona, que non nota a diferenza entre traballar e vivir.

Ir o contido