Calendario poético
13 septiembre 2023Farruquiño
13 septiembre 2023Aquel neno leva dentro o neno que foi Xosé Neira Vilas. Sabe o autor que o seu carácter, o seu xeito de ser vén de aquel neno, do ámbito familiar e social que lle cadrou en sorte, e dos primeiros pasos que o seguiron; e que a súa vida de adulto é, queira ou non, a suma de traballos, friaxes, medos, fames e carencias da vida dun neno pobre dunha aldea galega dos anos 30 e 40 do século que se nos foi, como se foi o cativo, caneando polo camiño do tempo. Pero este neno do libro é tamén todos os nenos e nenas veciños seus, e os de centos de parroquias dos arredores, e os de toda Galicia, e máis alá de Galicia. Son milleiros, pois Aquel neno non é só unha memoria persoal. Como dicía o poeta José Hierro: «Cando falo de min estou falando tamén dos demais».