Andrea López Álvarez

Andrea López Álvarez

Andrea López Álvarez (A Coruña, 1976). Formación en Belas Artes na Universidade de Vigo e na de Barcelona. Fogueo laboral en distintos oficios relacionados co deseño: empregada multitarefas nunha empresa de rotulación, maquetadora nunha revista, deseño de discos ou cartelería entre outros artefactos.

Nos últimos anos, o meu traballo está dirixido fundamentalmente ao publico adulto en forma de capas de libros [ Através Editora, Embora Edicións, La Catarata ] e ilustración de prensa.

A pesar de que case todos os meus traballos empezan e acaban en Galicia, vivo en Málaga, buscando o camiño que me leve de volta a casa. Rumbo noroeste.

Skip to content