Mariona Cabassa

Mariona Cabassa

Mariona Cabassa (Barcelona, 1977) estudou ilustración enascola Massana, Centre d´Art i Diseny e, a continuación, cursou un ano de posgrado en Estrasburgo.

É unha persoa curiosa, unha exploradora incansable dedicada á vida creativa. Publicou case cien libros infantís en diferentes idiomas e países de todo o mundo. Tamén ilustrou todo tipo de produtos: quebracabezas e xogos, vinilos decorativos, etiquetas de viño, material de papelería, teas de gran formato… Hai cinco anos, ademáis, aprendeu a tatuar e así levou o seu universo estético á pel.
Procede dunha familia de apaixoados pola xardinería e iso nótase na súa afición por debuxar e pintar flora e fauna. Encántalle viaxar e traballar en e para outros países, vagar sen rumbo para atopar as suss inspiracións e levantarse moi cedo para tomar café sen présa algunha.

Gañou en 2003 e 2017 o Premio Junceda de Ilustración da Asociación de Ilustradores de Cataluña, o III Concurso Internacional de Álbum Ilustrado Compostela (2010) pola Familia C., o Premio Kiriko 2020 por Infinito e ou South Asia Book Award en 2021.

Ir o contido