
Cos ollos do avó
13 Setembro 2023
La Ibense: unha heladería artesana en Ferrol
13 Setembro 2023Guillermo Llorca fálanos nesta obra da historia dun medio de transporte de xentes e de mercadorías, o tren, que se inaugurou en Ferrol en 1913.
É este un libro ben constituído e armado desde o primeiro ata o último dos seus capítulos, cun gran rigor histórico e repertorio documental. Historia local para ler con gusto e de paso coñecer o noso pasado máis recente.
Estamos ante unha investigación histórica necesaria na que se poñen de manifesto non só as iniciativas, ou os seus protagonistas, senón o tempo -60 anos- que pasou a nosa comarca ata poñer en funcionamento unha vía férrea tan demandada. Todo isto para recoñecer que, 15 anos despois da súa inauguración, a liña Ferrol-Betanzos era xa deficitaria.
| Formato | 13×21 cm  | 
		
|---|---|
| Edición | 2013  | 
		
| Idioma | |
| Páxinas | 176  | 
		
| Encadernación | |
| Categorías | |
| Coleccións | |
| ISBN | 978-84-92644-70-4 | 







