
Queda moito que sachar
17 Novembro 2025
Os dedos e o monstro
4 Decembro 2025Según X. L. Méndez Ferrín todo escritor é un pirata, debe lelo todo e debe saquealo todo para incorporalo á súa propia obra. Acatando este sabio consello Ramón Caride aborda, nestes relatos, algúns clásicos como A Esmorga de Blanco Amor, a BD do Milo Manara ou a lenda do Vákner da Costa da Morte: así como tamén as relativas glorias e as pequenas, ou grandes, miserias do noso panorama cultural no último cambio de milenio -amosando, de paso, que non calquera tempo pretérito foi necesariamente mellor-, para recrealos ao seu xeito. E faino cun ritmo vivo e un humor acedo, non exento de retranca compasiva ou dunha miga de escarnio e maldicer.
A diversidade nas técnicas narrativas e nos puntos de vista fan de cada relato unha pequena alfaia insólita, ou se cadra unha nova volta de parafuso sobre contos que imaxinabamos coñecer de máis. Estabamos trabucados. O lector non se aburrirá con estas apropiacións (in)debidas, estou certo. Contos corsarios, un remix que une textos inéditos, ou case, cunha escolma de rarezas rescatadas agora, nestes tempos incertos para a épica e a lírica, vén das testemuño daquilo de que a cabeza non para. E a de Caride menos.







