
Sopra neste furadiño
13 Setembro 2023
A urna dos desexos
13 Setembro 2023Este libro naceu do Seminario de Estudos do século XVIII “Vivir nas Luces” da Universidade da Coruña. Ferrol é case sinónimo do século XVIII. O seu patrimonio arquitectónico, a súa configuración e a súa historia o evidencian.
No conxunto de estudos que se recollen nesta obra pretendeuse dar unha visión panorámica da cidade no XVIII, dende as características da vida dos seus moradores, as condicións laborais dos traballadores e as características tecnolóxicas do que se converteu no primeiro estaleiro da coroa na península.
Este libro desexa ser un punto e seguido, unha posta en común, un acercamento a ese pequeno pobo de pescadores que no XVIII viviu unha eclosión en todos os aspectos da súa existencia, e que o introduciu a unha velocidade de vertixe na primeira liña da historia española, pasando a ser unha das súas máis prezadas xoias.
| Formato | 15 x 21,5 |
|---|---|
| Edición | 2007 |
| Idioma | |
| Páxinas | 192 |
| Encadernación | |
| Categorías | |
| Coleccións | |
| ISBN | 978-84-95460-72-1 |






