10 Xuño 2019

Preséntase en Lugo “Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única”

Xulio Pardo de Neyra presenta este xoves día 13, ás 19.00 horas na librar ía Trama de Lugo, a súa última obra. é este un libro que mostra a un Carvalho Calero polígrafo mercé á intervención de Mª Ignacia Ramos, a súa esposa e compañeira. Xunto ao autor estará a filla do escritor ferrolán Mar ía Victoria Carballo-Calero Ramos.
6 Febreiro 2019

O actor Carlos Blanco presenta o libro de Alfonso Tellado “Antes de perdermos a memoria”

A sede de Afundación en Ferrol acolle hoxe, ás 20.00 horas, a presentación das memorias de Alfonso Tellado. Unhas memorias colectivas narradas en primeira persoa.

22 Novembro 2018

Guillermo Llorca amplía o seu “Ferroláns”

A edición revisada e aumentada de "Ferroláns" xa está nas librar ías. Máis de 300 biograf ías de homes e mulleres compoñen unha obra de divulgación histórica monumental, escrita co desexo de que o conforte ao lector coa obra das xentes de ben que asoman polas súas páxinas.

6 Xuño 2018

Carolina Pernas presentou a súa novela “Invisible”

A escritora e xornalista Carolina Pernas presentou onte no Ateneo Ferrolán a súa primeira obra nun acto no que estivo acompañada polo tamén xornalista Nicolás Vidal e por Miguel Toval, director de Edicións Embora.

8 Marzo 2018

Saen á rúa seis títulos para os lectores máis novos

Edicións Embora segue a apostar polo público infantil e ven de sacar seis novos t ítulos: Caderno de Fume, de Garc ía Teijeiro e ilustrado por Leandro Lamas; Guau guau guau!, de Carlos López; Lúa, de Pepablo Patinho; Poemas con canela, de Miguel Anxo Romero; A estraña aventura de Manoliño Singapur, de Xoán Babarro; e Brian, o Chinés, de David Daniel Vázquez álvarez son as últimas novidades da editorial.

29 Novembro 2017

Sae á venda “Comezar desde cero”, de Tania Merelas

Libro coral, contado e escrito a varias voces, no que Tania Merelas foi quen de atopar un pulso narrativo que se sitúa entre o ensaio e o informe de investigación. Desde unha sólida estrutura teórica, e con intelixencia anal ítica, aborda un tema complexo e formula preguntas incómodas que nos alonxan da zona de confort para adentrarnos noutras olladas das violencias machistas.

16 Outubro 2017

Suso Lista presenta “Charamuscas” no café El Cercano, en Ourense

O escritor Suso Lista presenta a súa última obra, Charamuscas, o vindeiro d ía 26 ás 19.00 horas.

14 Agosto 2017

Sae á venda “Baixo as mesmas nubes”, da ilustradora Elga Fernández Lamas

Libro de arte, de imaxes de Ferrol creadas pola deseñadora local afincada en Valencia Elga Fernández Lamas. Inclúe 30 ilustracións: 15 de edificios que existen na actualidade e outras tantas de edificios que xa non están, como é o caso da fábrica de lapis, da factor ía PYSBE ou da antiga churrer ía La Bola de Oro.

14 Xuño 2017

Suso Lista presenta “Charamuscas” na libraría Moito Conto

O escritor Suso Lista ven de presentar a súa última obra, Charamuscas, un libro de relatos co que completa a trilox ía iniciada con Salseiros e Xeixos. Onte estivo en Moito Conto

Skip to content