30 Maio 2017

Presentación de “A virxe das areas”

A librar ía Sisargas da Coruña acollerá o vindeiro martes d ía 6, ás 20.30 horas, a presentación da última novela de Antonio Manuel Fraga. A virxe das areas é unha historia de intrigas, afectos e horror que prenderá ao lectorado dende a primeira liña.

6 Abril 2017

Edicións Embora publica “Terra queimada”, de Ramón Caride

Nova entrega narrativa de Caride que pousa a súa mirada na decadencia do mundo rural, na que o lume f ísico crónico de cada verán é contexto e s ímbolo da destrución de paisaxes, historias e soños.

2 Marzo 2017

“Amada García e os seus arredores” chega á segunda edición

A obra de Bernardo Máiz será presentada en marzo en Pontedeume, Vigo, Santiago e A Coruña

11 Xaneiro 2017

Tres novas aventuras do Raposo Rufo

A colección O raposo Rufo ven de estrear tres novos t ítulos. Con eles pretende concienciar aos primeiros lectores sobre os alimentos saudables a través dun libro de receitas moi sinxelas (O raposo Rufo en Receitas cativas), como cultivalos e coidalos (O raposo Rufo en A maxia da horta) e sobre a importancia de respectar e protexer o noso mundo (O raposo Rufo en O coidado do medio).

1 Decembro 2016

Miniclásicos: grandes obras da literatura para pequenos lectores

A Odisea, Don Quixote da Mancha, A viaxe de Gulliver a Liliput, A Illa do Tesouro ou A volta ao mundo en 80 d ías son algúns dos dez t ítulo de Miniclásicos, a nova colección que acaba de sa ír á rúa.

28 Xullo 2016

Feira do Libro de A Coruña 2016

Un ano máis estaremos na FERIA DO LIBRO DE A CORUñA do 1 ao 10 de agosto nos Cantóns, en horario de mañá e de tarde, na caseta número 14 (Editores Coruñeses).

Non vos perdades esta oportunidade de coñecer as nosas coleccións de libros infant ís, xuven ís e para adultos coas nosas novidades.

Achégate e goza duns d ías cheos de actividades culturais, presentacións de libros, sinaturas dos autores e sorpresas.

Esperamos por vós!!

2 Xuño 2016

Edicións Embora presenta “Galicia, nosa ledicia”, de Neira Vilas

A Fundación Neira Vilas, en Gres, acolle o vindeiro sábado d ía 11 (19.00 horas) a presentación dunha das últimas obras infant ís do autor pontevedrés. Galicia, nosa ledicia é unha historia de Galicia en verso, escrita para nenos pero que tamén encanta aos maiores.

Ao acto acudirán Lu ís Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas; Valent ín Garc ía, secretario xeral de Pol ítica Lingü ística; e Miguel Toval, director de Edicións Embora.

9 Maio 2016

Vicente Araguas publica “Manuel María: un home de mil pezas”

Edicións Embora ven de publicar estes d ías a nova obra de Vicente Araguas, que é testemuño dun home, heroe este ano do D ía das Letras Galegas, e responsable de que a xente do común saiba que un idioma é, tamén, literatura.

Skip to content