Contos nerviosos
13 Setembro 2023Milladoiro de contos
13 Setembro 2023Imaxina que unha avelaíña chega á pantalla do teu ordenador cunha chamada de auxilio procedente dunha descoñecida páxina web.
Que, para accederes a ese sitio e prestares axuda, tes que facerte amigo dun virus informático con figura de terrible can.
Que, despois de atravesares polo sitio máis solitario do mundo, chegas a unha cidade onde te consideran inimigo.
Que apareces nas pantallas como un hácker intruso perigoso. E que, a pesar de todo, consegues saír vitorioso.
Pois todo iso viviuno Manoliño Singapur.
Formato | 13×20 cm |
---|---|
Edición | xaneiro 2018 |
Idioma | |
Páxinas | 86 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-16456-75-8 |