Ferroláns
13 Setembro 2023Alma de grilo (e outras fábulas para acompañar o café)
17 Outubro 2023Neste panfleto (u “opúsculo de carácter agresivo”, que diría a RAE pero non a autora) María Donapetry propón como chegar a ser feminista en dez prácticos e doados prazos, como si fora a comprar unha neveira ou un coche.
Todo o que hai que facer é cambiar o chip, e por que? porque estás ata as pelotas de tanto cretino que xa aburre coas súas conquistas donjuanescas, porque non te fai falla mexar máis lonxe que o que está ao teu carón para sentirte realizado, porque non soportas máis de dez segundos cunha Barbie, porque dáche vergoña toureira que alguén considere que non tes máis forza que a física nin máis razón que “os teus collóns”, porque sospeitas que non es o mellor home que poderías ser; ou simplemente porque de verdade gústanche as mulleres (e con este “de verdade” non trato de confirmar a intensidade da túa heterosexualidade senón algo máis reflexivo).
Formato | 15×21 cm |
---|---|
Edición | agosto, 2018 |
Idioma | |
Páxinas | 56 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-16456-85-7 |