Muíños, fornos e pan de Neda
13 Setembro 2023A teoría dos contrarios
13 Setembro 2023Vicente Araguas sempre dixo que se escribe como se ama. Por aí pois o senso e razón destes cento cincuenta miudiños escolmados dun exército moi numeroso que ha pedir máis batallas. O criterio desta selección tivo que ver, agás cativas excepcións, coa ollada próxima que os caracteriza. Veciña de Ferrol e a súa bisbarra, con especial énfase en Neda. E é que Araguas é absolutamente leal as súa orixes, que representa ou revisita con corazón namorado, tinguido igualmente dunha retranca sen a que sería imposible entender a este capitán de quince anos (que foi) revestido de home feito a recuperar o tempo perdido. Festa rachada esta escolma. Para os que xa leran os miudiños, para quen entren por vez primeira no seu mundo tan particular.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | 2013 |
Idioma | |
Páxinas | 120 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-92644-59-9 |