Autor: Vidal, Nicolás e Gómez Fandiño, José
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2012
Idioma: galego
Páxinas: 376
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-92644-57-5

Ferroláns de seu recupera case medio cento das entrevistas máis destacadas aparecidas ao longo de catro anos no suplemento dominical Nordesía de Diario de Ferrol. Os periodistas José Gómez Fandiño e Nicolás Vidal escolman diversas charlas mantidas con escritores, artistas, actores, periodistas, músicos, médicos, profesores ou xente cunha biografía significativa. O fío de unión é a relación coa cidade de Ferrol e a súa comarca.

Partindo de aí, cada un conta a vida e o seu traballo ao seu xeito, amosando unha grande riqueza profesional e humana. De Vari Caramés a Xosé Luís Torrado "O Bruxo", de Paula Vázquez a Mabel Rivera, de Alfredo Martín a María Manuela, Carlos Jean, Lorente de Casto ou Chao Rego, entre outros.

O volume inclúe ademais as caricaturas orixinais elaboradas pola man mestra de Juan VEiga, ilustracións que enriquecen as palabras recollidas polos dous xornalistas.

P.V.P.
20.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +