Autor: Santalla, Manuela
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2011
Idioma: galego
Páxinas: 112
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-92644-36-0

Á historiadora Manuela Santalla –autora, entre outros traballos de Las Reales Fábricas de Ferrol (Edicións Embora, 2003)– chamoulle a atención cando estudaba a creación da vila e arsenal de Ferrol que nos documentos gardados nos arquivos históricos aparecían “múltiples referencias á importancia económica do río Belelle, por dar luz, blancura, agua y pan” a todos os habitantes da ría ferrolá. Historicamente, nas proximidades do río asentáronse as aceas reais e os fornos da provisión, nos que se elaboraba o biscoito para as tripulacións dos navíos.

A tradición muiñeira e panadeira nedense é o resultado de moitos anos de traballo e da fariña que resultaba da moenda do millo e do trigo nos muíños, que mesturada coas augas do Belelle proporciona unhas características singulares ao pan, bolas e empanadas, pois da moenda do millo nas pedras do país obtense unha fariña branca ideal para facer o pan de molete que deu fama aos fornos de Neda e despois da Mourela, é dicir o pan de Neda, hoxe unha marca rexistrada.

P.V.P.
4.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +