Novas (13)

Xoves, 08 de marzo de 2018
Saen á rúa seis títulos para os lectores máis novos

Edicións Embora segue a apostar polo público infantil e ven de sacar seis novos títulos: Caderno de Fume, de García Teijeiro e ilustrado por Leandro Lamas; Guau guau guau!, de Carlos López; Lúa, de Pepablo Patinho; Poemas con canela, de Miguel Anxo Romero; A estraña aventura de Manoliño Singapur, de Xoán Babarro; e Brian, o Chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez son as últimas novidades da editorial.

Mercoles, 29 de novembro de 2017
Sae á venda "Comezar desde cero", de Tania Merelas

Libro coral, contado e escrito a varias voces, no que Tania Merelas foi quen de atopar un pulso narrativo que se sitúa entre o ensaio e o informe de investigación. Desde unha sólida estrutura teórica, e con intelixencia analítica, aborda un tema complexo e formula preguntas incómodas que nos alonxan da zona de confort para adentrarnos noutras olladas das violencias machistas.

Luns, 16 de outubro de 2017
Suso Lista presenta "Charamuscas" no café El Cercano, en Ourense

O escritor Suso Lista presenta a súa última obra, Charamuscas, o vindeiro día 26 ás 19.00 horas.

Luns, 14 de agosto de 2017
Sae á venda "Baixo as mesmas nubes", da ilustradora Elga Fernández Lamas

Libro de arte, de imaxes de Ferrol creadas pola deseñadora local afincada en Valencia Elga Fernández Lamas. Inclúe 30 ilustracións: 15 de edificios que existen na actualidade e outras tantas de edificios que xa non están, como é o caso da fábrica de lapis, da factoría PYSBE ou da antiga churrería La Bola de Oro.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +