Calendario poético
13 Setembro 2023Farruquiño
13 Setembro 2023Neste libro ofrécense seis relatos escritos en galego por seis autores de Ferrolterra. Cada un co seu estilo, a súa memoria, a súa ollada. Pero tamén cunhas paisaxes en común, as de Ferrolterra. Edicións Embora tivo a idea de reunilos nun libro e só puxo unha condición: que escribisen sobre a comarca. E eles aceptaron o reto. O resultado é Seis Ferroláns, un volume de relatos no que Xavier Alcalá, Rosa Aneiros, Vicente Araguas, Henrique Dacosta, Anxo Franco e Ramón Loureiro cruzan a súa memoria para recuperar paisaxes cotiáns da comarca a través de seis historias. Para o crítico Armando Requeixo -que presentou a obra o 17 de maio de 2003 na Feira do Libro- “o sexteto narrador destas páxinas está formado por voces decisivas da literatura en lingua galega que se está a facer nesta comarca”. Desde Meirás ata Sillobre, pasando por Covas, o Cantón ou o Arsenal, os seis autores botan man de imaxes da comarca para rescatar historias e personaxes -ficticios ou reais- do pasado.